Lecturas de outono para a cativada

Coa chegada do outono, comeza o refuxio lector. Sendo fundamental a lectura para a cativada, hoxe queremos recomendar catro fermosas obras para as máis pequenas e pequenos da casa, publicadas na colección Árbore de Editorial Galaxia: VOA, VOA, de Artur Trillo, ilustrado por Estebán Souto. Lectura recomendada a partir dos 8 anos. Publicada en formato teatral, […]

Xosé Manuel Soutullo é nomeado novo Director Xeral de Editorial Galaxia

O Consello de Administración da Editorial Galaxia vén de acordar hoxe o nomeamento de Xosé Manuel Soutullo coma Director Xeral da Editorial. Xosé Manuel Soutullo é actualmente Director da Fundación Penzol e Conselleiro da Editorial Galaxia, na que desenvolveu unha dilatada vida profesional no ámbito da edición e da produción cultural. Xosé Manuel Soutullo tivo […]

Entrega da XXXV Edición do Premio de Novela “Manuel García Barros”, na Estrada

O venres 20 de outubro, celebrarase, ás 20 h, no Teatro Principal da Estrada, a XXXV Edición do Premio de Novela “Manuel García Barros”, a Fernando Castro Paredes por Entomoloxía para misioneiros. Acompañando o autor, estarán José A. López Campos, alcalde do Concello da Estrada; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; e Marcos Calveiro, […]

Galaxia publica “Ou as dúas estaredes mortas”, de Xosé M. Eyré

Publicado na colección Literaria, Ou as dúas estaredes mortas, de Xosé M. Eyré conta noventa e sete vidas en formato de miniconto. Este libro conta dúas vidas fragmentariamente, páxina a páxina, que poden ser unha, non diría que non, e poden ser tres, se as lectoras e lectores se deciden a lelo, ou aínda máis, […]

Presentación de “Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira”, en Ferrol

O mércores 18 de outubro, celebrarase, ás 19:30 h, na Central librera de Ferrol, a presentación de Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira, de Ramón Villares. Acompañando o autor, estarán Malay Sobrin, profesora de Historia de Ensino Medio, e J. Martiño Montero Santalla, profesor de Universidade. A Editorial Galaxia publica, na colección Ensaio, a obra de Ramón Villares Galicia e […]

Presentación de “Os ollos do irmán eterno”, en Ponteareas

O martes 17 de outubro, celebrarase, ás 19:30 h, na sala de usos múltiples do Auditorio de Ponteareas, a presentación de Os ollos do irmán eterno, de Stefan Zweig, adaptado por Borja Diérez. Acompañando o autor, estarán Humberto Barreiro, terapeuta cuántico e director do Festival Semente de Conciencia; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial […]

Convócase o VII Premio Vidal Bolaño 2024

“Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados e lidos por alumnado do […]

Habelas Hainas

Publicada na colección Costa Oeste, esta é unha novela, escrita por Esteban Folgar Brea, sobre meigas, pero non como as habituais. As bruxas desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan mal á xente… que non o merece.  As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos […]