Celebramos o Día das Librarías

Este sábado celebramos, todas e todos os amantes das lecturas, o Día das Librarías. Unha efeméride que pon en valor o gran labor que desenvolven estes templos, tesoureiros da palabra. Festexamos o seu traballo de difusión, a través dos seus espazos; pois neles pasamos moitas horas pescudando novos volumes ou deixándonos asesorar polas libreiras e […]

Alberto Avendaño entra na Academia Norteamericana da Lingua Española

O xornalista e escritor galego Alberto Avendaño foi nomeado académico de número da Academia Norteamericana da Lingua Española (ANLE). A xunta directiva da entidade tomou a decisión durante o derradeiro pleno celebrado a finais de outubro, poñendo en valor a súa traxectoria persoal e profesional, que dedicou produtivamente ao estudo, difusión e promoción da lingua […]

Presentación de “Onde ferve a memoria”, en Vigo

O mércores 8 de novembro, celebrarase, ás 19:30 h, na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios, en Vigo, a presentación de Onde ferve a memoria, de Xavier Rodríguez Baixeras, con ilustracións de Baldo Ramos. Acompañando o autor, estarán Xosé María Álvarez Cáccamo, poeta; e Marcos Calveiro, director de Edición de Editorial Galaxia. Baixeras publica, […]

Xa está aquí “Tecendo redes”, Premio de Novela Vilar Ponte 2022

Tecendo redes é unha novela de intriga, que tamén esculca nas miserias da sociedade e nas vítimas dos abusos de poder, na dor do silencio e na culpa. A autora, Irene Rega Jul, gañadora do Premio Illa Nova de Narrativa 2022 por A malferida, gaña esta vez o IV Premio de Novela Vilar Ponte 2022 con […]

“Os afogados”, unha distopía que reflexiona sobre a ciencia e a natureza

O autor Pablo J. Rañales gañou, nesta edición 2023, o Premio Illa Nova de Narrativa por Os afogados, unha distopía que leva á reflexión sobre as relacións humanas, a contorna e o medio ambiente. Publicada na colección Literaria de Editorial Galaxia, esta obra, introduce ás lectoras e lectores sobre unha nova especie animal que invade a […]

Fina Casalderrey, nominada ao Premio Memorial Astrid Lindgren

Esta é a terceira vez que a escritora é nominada, despois da proposta de Gálix á OEPLI, neste prestixioso galardón, momento no que opta simultaneamente ao Hans Christian Andersen; os recoñecementos máis importantes da literatura infantil e xuvenil a nivel internacional.  O Premio Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA), outorgado anualmente polo goberno sueco coma homenaxe […]