Celebramos o aniversario de Xesús Alonso Montero

Categoría: Nova

Hoxe, martes 28 de novembro, o profesor Xesús Alonso Montero cumpre 95 anos. Toda unha vida dedicada á cultura.

Figura imprescindible nas nosas letras, non necesita moitas presentacións. O catedrático de Literatura Galega e escritor, Premio da Cultura Galega na categoría de Letras en 2020, destaca pola súa entrega incansable a favor do idioma, da cultura e, en definitiva, de Galicia.

Ensaísta e polígrafo nado en Vigo en 1928, pertence á promoción de escritores que iniciaron o seu labor intelectual e cultural tras a Guerra Civil. Dende entón desenvolveu un abondoso traballo de publicitación e espallamento da cultura galega nas súas distintas dimensións. Foi Presidente da RAG entre 2013 e 2017.

Na nosa casa publicou títulos como Tres poetas medievais da ría de VigoLaio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras vocesOs escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939; Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega; e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio. Antoloxía poética.

Hoxe brindamos por el e polo seu labor a prol das letras, a súa excelencia e a acción cultural desenvolvida durante todos estes anos con tanto talento.

Xesús Alonso Montero: “A cultura é unha cousa que abre os ollos; se non os abre, non é cultura”.

Comparte nas túas redes sociais ou por email