Libro e mercado

Son dúas xornadas intensas: xoves e venres. As sesións celébranse, como todos os anos, na sede do Consello da Cultura Galega e reúnen especialistas de dentro e de fóra de Galicia. Silvia Querini (editora) fala das relacións entre libro e mercado e Antonio G. Iturbe (subdirector da revista Qué leer) intenta responder á pregunta de […]
"Así nacen as baleas". Premio REPSOL

Non cabía unha agulla. A fundación vestiuse de festa. Anxos Sumai confirma unha excelente traxectoria como narradora, que comezara con Anxos da garda (2003) e mais con Melodía de días usados (2005), e o público así o celebrou. Xosé Luis Axeitos, membro da Real Academia Galega e secretario do xurado do premio, invitou con entusiasmo […]
A edición galega segue apostando en futuro

Coordinados pola profesora e crítica literaria Dolores Vilavedra, participaron na mesa redonda Xosé Ballesteros (Editorial Kalandraka), Alfonso Sanmartín (Editorial Rodeira e actual presidente da Asociación Galega de Editores), Carlos del Pulgar (Galicia Nova), Miguel Anxo Fernán-Vello (Espiral Maior) e Manuel Bragado (Edicións Xerais de Galicia). A mesa redonda, centrada nos problemas e nos horizontes da […]
‘Escritores para un país’

Na presentación do acto, Fran Alonso recordou que a literatura é a única arte que non pode prescindir da lingua, pois constitue o corpo do que se nutre, unha gozosa esixencia que enfronta aos autores galegos a problemas ligados ao estatus da súa lingua. Chega o escritor galego ao público? Poden as súas obras chegar […]
A Cabalgata de Vigo dedícase á literatura

Neste sentido o cortexo inclúe unha carroza de apertura cun gran libro e o texto "Unha Ría de sons e ilusións"; xunto coa incorporación de grupos de animación con letras que forman mensaxes. As carrozas reais, decoradas con motivos literarios, presentan as seguintes lendas segundo a súa temática: Melchor, de "Érase unha vez un Reino"; […]
Homenaxe a Bernardino Graña, que cumpriu 75 anos

Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) é unha das figuras sobranceiras da cultura e as letras galegas. A súa obra é extensa e variada: Poema do home que quixo vivir (1959), Profecía do mar (1966), Nin vexo Vigo nin Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes… (1981), Simacima do voar tolo (1984), Himno […]
Os amigos de Verines

Verines vén sendo, dende hai 23 anos, unha referencia nas letras españolas. Escritores e escritoras en galego, castelán, éuscaro e catalán falan de literatura. A Universidade de Salamanca, en colaboración co Ministerio de Cultura e o Principado de Asturias, iniciou estes encontros no ano 1984 e dende entón, contra o mes de setembro, os escritores […]
Para que o mundo lea a Galicia

Arredor de vinte editoriais galegas asistiron á Feira de Frankfurt, entre elas Editorial Galaxia. Unha das novidades foi a presentación do portal "readgalicia,com", elaborado pola Consellería de Cultura e Deportes en colaboración coa Asociación Galega de Editores. Trátase, segundo se explica no propio portal, de "buscar lectores alén das nosas fronteiras", Unha literatura moderna afírmase […]