Os enigmas de "O reino ideal"

É un concurso para premiar as mellores creacións de xogos enigmísticos. Cada trimestre haberá como premio un libro, agasallo de Editorial Galaxia, para un alumno de cada categoría (A: primaria e 1º de ESO; B: 2º, 3º e 4º de ESO). Visitade a páxina en: www.blogoteca.com/buli/ para saber como participar ou para mellorar os vosos […]

Presentado en Vigo o catálogo de "Redes de coñecemento"

Nunha tardiña atlántica, de pura tradición viguesa, celebrouse no segundo andar do edificio situado na banda oeste do peirao de trasatlánticos, a un tiro de pedra do porto pesqueiro. O acto foi introducido por Uxío Labarta, director do CSIC en Galicia, que deu paso aos participantes: Xesús Paz Arias, Presidente da Autoridade Portuaria; Xosé Antonio […]

Últimos días para visitar a exposición "Xohán Ledo. As caras do libro"

Co patrocinio da Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, o Xacobeo e o Ministerio de Cultura, e mais coa colaboración do Concello de Vigo (Concellería de Cultura) e a Fundación Caixa Galicia, presentamos a vida e a obra dun dos grandes creadores da edición despois da guerra civil, moi principalmente dende os […]

Aberta ao público a exposición "Redes de coñecemento"

Co gallo do centenario da creación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas-Delegación Galicia organiza esta exposición que reconstrúe os momentos decisivos da creación, consolidación e desfeita dun proxecto de actualización da ciencia contemporánea en Galicia. O 22 de novembro abriu as súas portas a exposición […]

Harry Potter en galego

Editorial Galaxia vén publicando, en colaboración con Ediciones Salamandra de Barcelona, a serie Harry Potter en lingua galega. A última entrega, Harry Potter e as reliquias da morte, está a ser traducida por Laura Sáez, quen tamén prepara a tradución de Harry Potter e a Orde do Fénix. Carlos Acevedo é o tradutor de Harry […]

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

As Árbores de Galaxia están repletas de froitos este ano. Novos libros para todos os banzos lectores, pero tamén libros de sempre que recuperamos en novo formato. Para que non se escape ningunha das novas árbores e poidades ter en conta o bosque completo que, dentro da literatura infantil e xuvenil, Editorial Galaxia foi configurando […]

Presentación de "Unha falsa luz" en Bruxelas

O autor foi precedido na palabra por Manuel Pueyo, secretario da Couto Mixto, quen explicou o significado do acto para a asociación. A seguir falou o escritor Xavier Queipo, poeta oficial da cidade de Bruxelas, quen fixo glosa e laudatio da obra e do autor. En resumo, veu dicir que a novela presentada xunto coas […]