Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Jordi Sierra i Fabra (Barcelona, 1947) é un autor de grandes públicos e de extraordinaria eficacia narrativa. O Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, promovido polo Ministerio de Cultura, foille concedido polo libro Kafka y la muñeca viajera, editado no ano 2006. No xurado, presidido por Luis Mateo Díez, participaron por Galicia o escritor […]
Alfonso Zulueta, Premio IURISGAMA

Preside a Asociación de Xuristas Galegos o catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense Carlos Lema Devesa e a entrega do premio se realiza en Madrid, no Senado, xunto co Premio Montero Ríos, que tamén promove a devandita institución. IURISGAMA constituíuse en Madrid no ano 1996 a partir dun amplo colectivo de profesionais relacionados co […]
120 ANOS DE CICLISMO GALEGO: Presentación do libro e inauguración de exposición

Ambos eventos tiveron lugar nos xardíns de Montero Ríos, nas Avenidas, entre o mar da Ría e a Alameda (Praza de Compostela), a dous pasos do lugar que ocupara o Velódromo de Vigo, foro dos ciclistas locais de finais do século XIX. A Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, acompañada da Directora Xeral para […]
Unha empresa sen precedentes

O esforzo foi moi grande e os resultados están aí. A Diciopedia do Século 21, parte do Proxecto Século 21, elaborado por Editorial Galaxia e Edicións do Cumio, está a ser recibida coma unha ferramenta fundamental para as bibliotecas familiares e as bibliotecas escolares: 45.000 biografías, topónimos e nomes propios, 850 planos e mapas, 425 […]
Músicos e poetas en Trasalba

Chus Pato, María do Cebreiro, Víctor Cambio e Manuel Vilanova foron as voces da poesía, presentados todos por Marcos Valcárcel. Poemas editados e algúns textos inéditos, de próxima aparición. Abe Rábade Trío encargouse da parte musical, cun concerto de cinco temas máis unha propina. Entre os temas salientou sobre todo Campo da Estrela, dedicado á […]
"O voto emigrante" na Feira do Libro da Coruña

O libro sobre O voto emigrante, recentemente editado na colección de Ensaio, reafirma o seu interese. A recente reforma do Código Civil recoñece a posibilidade de que os netos dos emigrantes poidan adquirir a nacionalidade española. Aínda que as forzas políticas galegas non se poñen de acordo respecto do dereito ao voto da emigración. A […]
Novo premio para "Ollos de auga"

Un libro de éxito, sen dúbida, e unha magnífica estrea para un escritor que comenzaba. A novela Ollos de auga non para de dar satisfaccións. Está a piques de esgotar a terceira edición en lingua galega e preséntase coma un dos acontecementos editoriais dos anos 2006-2007. O detective Caldas, o seu protagonista, e o seu […]
A Fundación Otero Pedrayo entrega o Premio Trasalba 2007 a John Rutherford

Con este galardón a Fundación Otero Pedrayo quere enaltecer a tradición e o traballo dos profesores que, sen seren de nación galega, veñen traballando polo coñecemento e a difusión da nosa lingua, da nosa literatura e da nosa cultura no mundo, proxectándonos cara á universalidade, tal que preconizaban os pais do galeguismo. Durante o acto […]