Celebramos o Día Internacional da Tradución

Hoxe celebramos o Día Internacional da Tradución, unha data que pon en valor o traballo das tradutoras e tradutores que, a través do seu labor, figuras intermediarias que facilitan o diálogo e o entendemento, e propician que unha autora ou un autor poida contar a realidade do seu pobo coa opción de volverse un clásico […]

‘Sentinelas da lúa carmesí’ leva Galicia ao Weird Market

En decembro sairá a segunda parte da triloxía de BD. A banda deseñada Sentinelas da Lúa Carmesí, de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande, publicada no catálogo de Editorial Galaxia, será a única representación galega (e en galego) da sección de “Cómics Europeos” do Weird Market Festival, o mercado profesional máis importante de animación, videoxogos e new media que […]

Celebramos o Día Europeo das Linguas

Cada lingua está conformada por palabras diferentes, vocablos que nos sinalan a maneira na que as súas xentes entenden a realidade e, por tanto, o mundo. E así é, cada lingua é un mundo. Un mundo que apreixa unha identidade propia, uns valores sociais e unha historia. Se aínda somos galegos, é por obra e […]

Sandra Lodi recibe o IV Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi por “Papóns”, na Estrada

Hoxe celebramos, na sala de xuntas do Concello da Estrada, a entrega do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, a Sandra Lodi, por Papóns. Acompañando a autora, estiveron Lucía Seoane Rosende, concelleira de Cultura, Carlos Loureiro Rodríguez, secretario do xurado; e Sara Vacárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia. Sandra Lodi aporta […]

Entrega do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, “Papóns”, na Estrada

O mércores 25 de setembro, celebrarase, ás 12 h, na sala de xuntas do Concello da Estrada, a entrega do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, a Sandra Lodi, por Papóns. Acompañando a autora, estarán Gonzalo Louzao Dono, alcalde do Concello da Estrada; e Sara Vacárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia. […]

“Hermilindo esbirra poemas”, finalista nos XXI Premios literarios Frei Martín Sarmiento

Hermilindo esbirra poemas, de Paula Señarís, ilustrado por Laura Romero Pereira, é unha das dúas obras finalistas da 1ª categoría da XXI edición dos Premios literarios Frei Martín Sarmiento. Este é un dos galardóns máis prestixiosos do noso sistema literario pois son o alumnado e profesorado os encargados de decidir cales dos libros publicados nos […]

Rolda de prensa de presentación de “Economía e poesía: Rimas internas”, en Santiago de Compostela

Hoxe celebramos, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, unha rolda de prensa de presentación arredor de Economía e poesía: Rimas internas, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023, de Yolanda Castaño. Acompañando a autora, estiveron Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón, director xeral de Caixa Rural Galega; Armando Requeixo, […]

Convócase o XXIV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2024

A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o […]