Celebramos o Día das Escritoras

Hoxe celebramos o Día das Escritoras, unha conmemoración internacional que busca recuperar o legado das autoras e facer visible o seu traballo. Unha celebración que loita por visibilizar o papel das autoras no ámbito da literatura e combater a discriminación histórica. Moitas autoras soñan e difunden a través das páxinas dos seus libros, unha sorte […]

María Pereira Otero asume a dirección de Merlín Comunicación de Editorial Galaxia

Graduada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, Master in Bussiness Administration pola Escola de Negocios de Caixavigo, coa especialidade en dirección comercial e márketing, Master en Xestión Cultural pola Universidade Complutense de Madrid. A súa traxectoria profesional de máis de 30 anos está vencellada á xestión cultural. A organización de ciclos […]

Ana Varela publica “Runrún”, na colección Literaria Ronsel

Esta obra ambientada en Ferrol, que amosa como pode virar nun momento, supón o debut da autora na Editorial Galaxia. Publicada na colección Literaria Ronsel, Runrún, de Ana Varela, amosa a historia de Uxía, unha xanela aos retallos dunha vida. Unha perspectiva na que prima a saúde mental, os coidados, a afectividade e as relacións […]

Presentación de “Fóra de campo”, no Porriño

O mércores 9 de outubro, celebrarase, ás 19 h, no salón da Biblioteca Municipal do Porriño, a presentación de Fóra de campo, Premio Roberto Vidal Bolaño 2024, de Rosalía Fernández Rial. Acompañando a autora, estarán Alejandro Lorenzo, alcalde do Concello do Porriño; Raquel Castro, (IES Ribeira do Louro); e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial […]

O legado literario de Luísa Villalta

Publicado na colección Literaria de Editorial Galaxia, Formas breves de pensamento, de Luísa Villalta, en edición de Luciano Rodríguez, é unha publicación enriquecida coas ilustracións de Alfonso Costa e Carolina Rouco. Villalta entendía a literatura como unha das artes da sedución. E, nestas Formas breves de pensamento, que compilan textos do seu legado literario, maiormente inéditos, sedúcenos […]

No Día dos Animais

Hoxe celebramos o Día Mundial dos Animais. Unha data que pon en valor o respecto a toda forma de vida e ás condicións dignas para todas as persoas que habitan o planeta. Nun día coma hoxe, queremos destacar algunhas lecturas que celebran o amor polos animais: COUSAS DA VIDA. ANIMAIS, de Castelao. Un clásico do autor […]

Unha viaxe cara ao profundo de Estados Unidos

Despois de gañar o Premio Illa Nova de Narrativa 2020 por O axolote e outros contos de bestas e auga, a autora e xornalista achéganos a súa obra Contos gringos. Unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas humanas. A realidade […]