Presentación de “Cousas de Farruco”, en Santiago de Compostela

O martes 24 de setembro, celebrarase, ás 20 h, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a presentación de Cousas de Farruco, de Farruco (Xosé Luís Bernal López). Acompañando o autor, estará Quico Cadaval, actor, director, adaptador teatral; Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Soledad Felloza, presidenta da asociación de Narración Oral Galega; e Xosé […]
Chus Pato, Premio Nacional de Poesía

Chus Pato vén de gañar o Premio Nacional de Poesía pola súa obra “Sonora”, (Xerais, 2023). A autora, nada en Ourense en 1955, é dona dunha das poéticas máis persoais e vangardistas da poesía en lingua galega e conta cunha voz renovadora e rupturista internacionalmente recoñecida que nunca renunciou ao seu fondo compromiso ético. En […]
Rolda de prensa de presentación de “Economía e poesía: Rimas internas”, en Santiago de Compostela

O luns 23 de setembro, celebrarase, ás 11 h, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, unha rolda de prensa de presentación arredor de Economía e poesía: Rimas internas, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023, de Yolanda Castaño. Acompañando a autora, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón, director […]
Presentación de “Inimigos ás portas”, en Tui

O venres 20 de setembro, celebrarase, ás 20 h, na Sala Municipal de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez, en Tui, a presentación de Inimigos ás portas, de Bieito Alonso. Haberá unha intervención socio-musical a cargo de Quico Paz Antón e Raúl Francés. Editorial Galaxia publica o novo libro de Bieito Alonso, Inimigos ás portas. Frank López e o […]
Presentación de “Os mortos que amei”, en Vigo

O xoves 19 de setembro, celebrarase, ás 20 h, en RioLagares, Vigo, a presentación de “Os mortos que amei”, de Iria Collazo López. Acompañando a autora, estará Xavier Queipo, escritor. Publicado na colección Literaria Ronsel de Editorial Galaxia, Iria Collazo escribe unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós, co humor e a […]
“Pirotecnia”, de Alberto Ramos gaña a XVIII Edición do Premio Narrativa Breve Repsol

A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e conta coa publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia. O Xurado destaca que a obra está narrada cun estilo impecable, e conta cunha habelencia polifónica, na que os sucesos relatados van entretecéndose contrapuntísticamente. O certame contou desde o seu nacemento coa participación de […]
Unha prosa poética chea de profundidade

Sandra Ferreiro García publica, na colección Costa Oeste de Editorial Galaxia, Castelos de cristal. Noutrora erixíanse brillantes castelos de cristal máis aló do ceo. Agochaban todo tipo de historias e segredos: os contos que a noite recitaba, as lembranzas dalgunha serea, o po das estrelas fugaces… mesmo o cantar das ondas. Mais os castelos de […]
A historia sociocultural da colectividade galega na Arxentina

Galaxia publica, na colección Ensaio, o libro Os inmigrantes imaxinados. A identidade galega na Arxentina (1780-1960), de Xosé M. Núñez Seixas. Este libro aborda a historia sociocultural da colectividade galega na Arxentina, a máis importante de América, entre finais do século XVIII e mediados do XX, e analiza a conformación da súa identidade colectiva en relación […]