O verdadeiro comezo de ano é setembro

Todas sabemos que o verdadeiro comezo de ano é setembro. Unha nova xanela chea de bos propósitos, un folio en branco e un horizonte cheo de oportunidades. As máis pequenas e pequenos da casa comezan o curso ateigados de ilusión, apreixando con ganas as súas mochilas e lápices de cores, pensando no que lles agardará […]
Inauguración da Exposición “Luísa Villalta. A música das palabras”, en Santiago de Compostela

Despois de estar dispoñible, dende maio, na cidade da Coruña, e Vigo, dende xullo, a exposición sobre a homenaxeada nas Letras Galegas deste ano visita a capital de Galicia. O xoves 12 de setembro, celebrarase, ás 13 h, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, a inauguración da exposición das Letras Galegas Luísa Villalta. […]
O alumnado do instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo visita a Editorial Galaxia

Hoxe recibimos, nas instalacións da editorial Galaxia, en Vigo, a visita dun grupo de estudantes e profesoras do Instituto arxentino galego Santiago Apóstol de Bos Aires. Rapazas e rapaces chegados dende o outro lado do océano Atlántico, viñeron á nosa casa para reafirmarse nos valores legados polos devanceiros, que levan ata a súa terra, Bos […]
Unha historia de xenerosidade

Editorial Galaxia publica Papóns, Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado 2024, de Sandra Lodi. Publicado na colección Álbum, esta lectura, recomendada para a partir de 5 anos, encherá de luz a mirada das lectoras e lectores que a coñezan. Unha proposta narrativa ben encetada, que pon en valor o mundo rural e os afectos entre avoa e […]
Galaxia recibe a visita da Deputación de Pontevedra

Hoxe recibimos, en Editorial Galaxia, a visita da Deputación de Pontevedra. Unha comitiva encabezada por Luis López, presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez e o deputado de Cultura Jorge Cubela; mantivo un encontro de traballo co equipo directivo da editorial, no que participaron Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración, Xosé Manuel Soutullo, […]
Convócase o I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil

Onte, xoves 5 de setembro, celebrouse, no salón de actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de presentación arredor do I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil. No acto, participaron Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas; e Xosé Manuel […]
Convócase o I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil

A Fundación Xosé Neira Vilas e Editorial Galaxia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, co obxectivo de estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público xuvenil obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación, convocan o presente […]
Galaxia reedita “A nosa cinza” e a inclúe na colección Biblioteca Xavier Alcalá

A nosa cinza, unha das obras máis populares da narrativa galega, é reeditada por Editorial Galaxia e publicada na Biblioteca Xavier Alcalá. Esta é a segunda biblioteca creada, despois da de Xosé Neira Vilas, dun autor vivo. A capital do mundo, foi a encargada de inaugurar esta nova colección, que vai ilustrada con obras do pintor […]