As receitas de A voltas co prato foi xurdindo arredor dunha gran cociña, probando e experimentando novas receitas.
Begoña, Estefanía, Merchi e Xulio forman un equipo sen igual que, algo espeluxados, traballan como verdadeiros exploradores da gastronomía na procura do sabor definitivo.
Este é o resultado dun amoroso cociñado en grupo, un belisco da súa pequena gran vida sendo parte do programa da TVG A voltas co prato.
Contén un QR con acceso ao programa.
Dispoñible xa en todas as librarías!