Pilar García Rego publica, na colección Dombate de Editorial Galaxia, Desaparecer, o seu novo poemario.
A poeta, que en 2020 publicou Humanario, un travelling polo máis evolucionado dos animais, un chegar ata o fondo da lama, ata non recoñecernos; aborda nesta publicación, escrita durante un proceso difícil, sentimentos como a derriba, pero tamén a contenda, a muda imprecisa cara ao retorno.
Esta obra dedicada á súa nai e a todas as mulleres, circula arredor dunha pregunta:
En que consiste a valentía?
Cunha fotografía na portada da autoría de Carme Cerviño, estes versos, valentes e profundos, apertan o arte performático e existencialista, convidándonos a
desaparecer
Dispoñible xa en todas as librarías.
Pilar García Rego (Teo, 1966) é comunicadora e xornalista. Desenvolve o seu traballo na TVG desde 1989 en programas culturais como Cousas da lingua, Alalá, No bico un cantar e, desde hai máis dunha década, conduce Zigzag Diario.
É autora do guión A casa do barqueiro, proxecto de longametraxe (2002) e foi guionista/editora de series de televisión como Rías Baixas, Libro de familia e O faro.
Publicou os poemarios Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros (2019), Humanario (Galaxia, 2021) e War is over (2024), colaborou no Manifesto 25N. 30 voces pola eliminación da violencia contra a muller (2021) e na antoloxía de xénero Así fala Penélope (2021).