Editorial Galaxia pon á venda a súa axenda en 2025

Editorial Galaxia homenaxea o seu 75 aniversario poñendo á venda a súa axenda, que celebra o nacemento da editorial, en 1950, con efemérides culturais, destacando as relacionadas co proxecto editorial, que pon en valor a súa traxectoria. O 25 de xullo de 1950 celebrouse no hotel Compostela, en Santiago, a asemblea fundacional de Editorial Galaxia, […]

“Desaparecer”, o novo poemario de Pilar García Rego

Pilar García Rego publica, na colección Dombate de Editorial Galaxia, Desaparecer, o seu novo poemario. A poeta, que en 2020 publicou Humanario, un travelling polo máis evolucionado dos animais, un chegar ata o fondo da lama, ata non recoñecernos; aborda nesta publicación, escrita durante un proceso difícil, sentimentos como a derriba, pero tamén a contenda, a muda imprecisa […]