“As flores do baleiro”, o novo poemario de Medos Romero

Publicado na colección Dombate, As flores do baleiro, é o debut de Medos Romero na Editorial Galaxia. Este poemario é un pranto contido diante dunha inmensa traxedia humana, un testemuño poético e persoal desde o ventre da pandemia, a dor en extrema soidade. Tamén é a fraxilidade do ser humano, o seu egoísmo e a […]
A historia cultural da gastronomía galega

Galaxia publica na colección Ensaio Ben mantidos. Historia cultural da gastronomía galega, de Xavier Castro Pérez, con epílogo de Xesús Alonso Montero. Xavier Castro Pérez, estudoso da historia cultural da alimentación e a culinaria galega, ofrécenos en Ben mantidos un percorrido polos maiores e máis ilustres protagonistas da nosa gastronomía: o cocido, o caldo, as empanadas, o polbo, […]
“Baixo o ceo de xeo”, VIII Premio Illa Nova de Narrativa

Publicado na colección Literaria, Baixo o ceo de xeo, de Adrián Pérez Bote, consta de dúas historias entrelazadas que nos levan a algunhas preguntas atemporais: Cal é a orixe das nosas crenzas? Como de firmes son? Por que paga a pena loitar, e a que prezo? A aldea de Eled é unha faísca que, durante eóns, […]
Editorial Galaxia no ano de Luísa Villalta

Editorial Galaxia pecha o ano de Luísa Villalta con dúas publicacións que xa están no prelo: Narrativa inédita, en edición de Daniel Chapela, e Poesía inédita e dispersa, en edición de Pilar Pallarés e Miguel Mato. A proposta editorial para as Letras Galegas 2024 constou de libros como o volume Narrativa reunida, que recolle a obra […]
Un berro que dá voz ás dores mudas

Canto pode aguantar un corpo? Cada verso de Cuspindo miserias, de Neves Rodríguez, é un berro que dá voz ás dores mudas. Este poemario, publicado na colección Dombate de Editorial Galaxia, anda un carreiro escuro, visceral, sucio. Un percorrido para ceibarmos do que nos abafa, pero que deglutimos por medo. Ou por vergoña. Poemas descarnados […]
“A biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica”, un espectáculo de Tanxarina Compañía de Títeres e Carlos Labraña

O rato que coida da Biblioteca Galáctica descobre que unha ameaza se torna sobre os personaxes dos libros infantís dos seus andeis. Nunha loita contra o reloxo, o rato bibliotecario Ramón Lamote e Sara deberán loitar contra o malvado profesor Smith e a súa IA fantástica para liberar os seus amigos Toribio, Espantallo Amigo e […]
Acto de inauguración da exposición “Castelao. De ‘Sempre en Galiza’ ao Consello de Galiza”

O venres 15 de novembro, ás 12:30 h, a Fundación Penzol inaugurará a exposición conmemorativa dos oitenta anos da publicación de Sempre en Galiza e da constitución do Consello de Galiza. Instalada no vestíbulo da súa sede, na Casa Galega da Cultura de Vigo, consta de paneis informativos e materiais bibliográficos e documentais pertencentes aos […]
Galaxia publica as receitas do programa da G: “A voltas co prato”

As receitas de A voltas co prato foi xurdindo arredor dunha gran cociña, probando e experimentando novas receitas. Begoña, Estefanía, Merchi e Xulio forman un equipo sen igual que, algo espeluxados, traballan como verdadeiros exploradores da gastronomía na procura do sabor definitivo. Este é o resultado dun amoroso cociñado en grupo, un belisco da súa […]