Presentación de “Ben mantidos”, en Ourense

O martes 10 de decembro, celebrarase, ás 19:30 h, no Liceo de Ourense, a presentación de Ben mantidos. Historia cultural da gastronomía galega, de Xavier Castro Pérez. Acompañando o autor, estará o xornalista Alexandre Outeiriño Míguez. Xavier Castro Pérez, estudoso da historia cultural da alimentación e a culinaria galega, ofrécenos en Ben mantidos, publicado na colección Ensaio, […]
“Axudádeme a cantar”, un espectáculo das cantareiras

Felisa Segade e Montse Rivera (fundadoras de Leilía, primeiro grupo que dá protagonismo á voz e á pandeireta nun escenario) afondarán neste espectáculo de canto, enfocado á campaña escolar, palabra e toque, no porqué destas cantigas, a súa creación, os momentos en que se cantaban, o papel que xogaban no día a día das nosas […]
“As benfaladas” é o novo libro de María Xosé Porteiro

Esta obra, escrita en clave feminista por María Xosé Porteiro, comeza cun prólogo de Priscila Retamozo, politóloga. Para poder falar ben é preciso, en primeira instancia, poder falar, algo que as mulleres tiveron prohibido durante séculos, cando menos, desde que hai testemuños escritos. No decurso de As benfaladas, publicado na colección Feminismos de Editorial Galaxia, reflexiónase […]
Galaxia estará no Culturgal 2024: Literatura no corazón de Pontevedra

A literatura galega brilla esta fin de semana! Do 29 de novembro ao 1 de decembro, Editorial Galaxia estará presente no Culturgal 2024, un dos maiores encontros do ano da cultura galega, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra. A nosa programación inclúe presentacións literarias que conectan lectores con autores, historias e reflexións. […]
Rolda de prensa e presentación de “Baixo o ceo de xeo”, Premio de Narrativa Illa Nova

O mércores 27 de novembro, celebrarase, ás 10:30 h, na sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago, a presentación de Baixo o ceo de xeo, Premio Illa Nova de Narrativa 2024, de Adrián Pérez Bote. Este acto contará coa presenza do autor, que compartirá con todos os asistentes o proceso creativo desta fascinante novela […]
Romper o silencio, abrazar a igualdade

Hoxe, luns 25 de novembro, sumámonos á loita contra a violencia de xénero e lembramos a todas as mulleres que xa non están, e a todas aquelas persoas que sufren esta ferida que atravesa culturas, xeracións e comunidades. Necesitamos seguir loitando en favor dun mundo mellor, onde a igualdade e o respecto sexan a base […]
Antón Blanco Casás, gaña o XVI Premio de Poesía Victoriano Taibo con “Bosque”

Bosque, de Antón Blanco Casás, foi a obra gañadora do XVI Premio de Poesía Victoriano Taibo de Gondomar. Reunido o xurado do XVI premio de Poesía Victoriano Taibo, que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concello de Gondomar e coa Editorial Galaxia, integrado pola filóloga e tradutora Emma Lázare, en representación do […]
Galaxia recibe a visita da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Esta semana recibimos nas instalacións de Editorial Galaxia a visita do Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez. Mantiveron un encontro co equipo directivo da editorial, no que participaron Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración, Xosé Manuel Soutullo, director xeral, Manuel Puga […]