Conversa arredor de “As bocas cosidas”, en Vigo

O venres 10 de outubro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO de Vigo, unha conversa arredor de As bocas cosidas, de Marilar Aleixandre, organizada polo Club Faro. Acompañando a autora, estarán Manuel Bragado, editor e escritor; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. En As bocas cosidas, Marilar Aleixandre mergúllase nos silencios da súa propia familia para […]

“Comunicación e novas tecnoloxías. Desafíos para os novos tempos”, en Vigo

Onte, martes 7 de outubro,celebrouse, na Fundación Penzol, en Vigo, dentro do programa Foros Grial. Galicia 2050. Pensar cara adiante, que leva por título Comunicación e novas tecnoloxías. Desafíos para os novos tempos. Un foro apaixonante, coordinado por Víctor F. Freixanes / Llerena Perozo. Todas as persoas que non puideches achegarvos, podedes velo nesta ligazón. 16:15 […]

Convócase o IV Premio de Novela da Galicia Rural

Hoxe, martes 7 de outubro, celebrouse, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, a convocatoria do IV Premio de Novela Galicia Rural. No acto interviron Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Xosé Miguel Pérez Blecua, alcalde de San Xoán de Río; Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia; e Óscar Reboiras, […]

Relatorio “Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia”, en Madrid

O mércores 8 de outubro, celebrarase, ás 19:30 h, na Casa de Galicia, en Madrid, un relatorio que leva por título Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, impartido por Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia. CREAR PORVIR. 75 ANOS DE EDITORIAL GALAXIA O 25 de xullo de 1950 celebrouse no bodegón do […]

Foros Grial: “Comunicación e novas tecnoloxías. Desafíos para os novos tempos”, en Vigo

O martes 7 de outubro, celebrarase, a partir das 16 h, na Fundación Penzol, en Vigo, dentro do programa Foros Grial. Galicia 2050. Pensar cara adiante, que leva por título Comunicación e novas tecnoloxías. Desafíos para os novos tempos. Coordinadores: Víctor F. Freixanes / Llerena Perozo 16:15 h. Introdución. A globalización. Unha realidade do noso tempo. Llerena […]

Presentación do Premio Ramón Piñeiro 2024 e convocatoria 2025, en Santiago de Compostela

Este venres 3 de outubro, celebrouse, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, a presentación do Premio Ramón Piñeiro 2024 e convocatoria 2025, de Ser humanos, da autoría de Pilar Casal. Acompañando a autora, estiveron Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia; Jesús Méndez, director xeral de Caixa Rural Galega; […]

Carmen V. Valiña gaña o XIX Premio Narrativa Breve Repsol

A obra baixo o lema A illa que supuraba sangue de Carmen V. Valiña resultou gañadora da XIX edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega e que esta valorado en 12.000 euros e suma a publicación do libro pola Editorial Galaxia. Así o comunicou esta mañá o voceiro do Xurado, Fran Fernández Davila. […]