Cando perder o norte é o primeiro paso para atoparse

Categoría: Uncategorized, Nova

A perda dunha persoa querida, os recordos que se repiten na memoria, as palabras que nunca se chegan a dicir e a culpa que aparece sen remedio. Unha viaxe en bicicleta convértese aquí nunha busca de sentido: tempo para pensar, para reencontrarse e para conversar con outras persoas que tamén fan o Camiño coas súas propias cargas emocionais.

Perder o norte, Premio Illa Nova de Narrativa 2025, de María Quiroga, é unha viaxe poderosa por territorios físicos e interiores, unha novela que combina sensibilidade e introspección.

A imaxe da cuberta é unha interpretación dunha pintura de Maruja Mallo, da ilustradora Ana Galvañ.

María Quiroga (Lugo, 1992) escribe desde nena. Estudou Neurociencias en Edimburgo e Medicina en Madrid. En 2020 residiu na Fundación Gala para Creadores Novos. Vive en Suíza onde pedalea, corre, nada e investiga os efectos do cambio climático na saúde mental. Perder o norte é a primeira novela que publica e coa que gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2025.

Comparte nas túas redes sociais ou por email