Presentación de “Os rapaces só se tocan para darse de hostias”, de Iván Caloto, na ESADg de Vigo

Categoría: Nova

Hoxe tivo lugar, na cafetería da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg), en Vigo, a presentación do libro Os rapaces só se tocan para darse de hostias, de Iván Caloto, gañador do Premio Roberto Vidal Bolaño 2025.

No acto participaron Roberto Pascual, vicepresidente da ESADg; e alumnado da Escola, do Colectivo Cuir.

A obra, inspirada nun caso real acontecido nun instituto de Vigo en 2024, aborda con realismo e fondo sentido crítico unha problemática que segue a afectar á mocidade: o acoso escolar. Caloto afonda nas raíces sociais, psicolóxicas e culturais desta realidade, ofrecendo unha reflexión sobre a violencia, a necesidade de pertenza e a construción da masculinidade.

Os rapaces só se tocan para darse de hostias é unha peza teatral que convida a pensar, dende a verdade e a crueza, nos límites e consecuencias do comportamento adolescente na sociedade actual.

Comparte nas túas redes sociais ou por email