Hoxe celebramos o Día das Librarías.
Unha efeméride para poñer en valor o labor que realizan as librarías, verdadeiros espazos de referencia cultural. Celebramos o seu traballo diario: abrir portas, recomendar lecturas e crear un lugar onde a curiosidade sempre ten sitio.
Nas librarías pasamos horas descubrindo novidades, explorando andeis ou deixándonos guiar por quen mellor coñece os libros: libreiras e libreiros que, con criterio e paixón, nos convidan a visitar novas historias.
Esta data é unha homenaxe a eses lugares que nos permiten viaxar sen movernos do sitio, saltar entre mundos e encontrar aquilo que non sabiamos que buscabamos. Cada libraría é unha oportunidade para ler, para aprender, para conversar.
A mellor maneira de celebralo é sinxela; visitar as librarías, pasear entre os seus andeis, mercar alí os nosos libros e seguir lendo.
Hoxe é o mellor día para entrar nunha libraría, deixar que che recomenden unha nova historia.