Editorial Galaxia, Mención Especial nos Premios Benfeito de Consumo 2025

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) concedeu unha Mención Especial na II Edición dos Premios Benfeito de Consumo a Editorial Galaxia, en recoñecemento aos seus 75 anos de traxectoria ao servizo da cultura e da lingua galega. Desde a súa fundación en 1950, Galaxia mantivo un compromiso inquebrantable coa promoción, preservación e dinamización do […]

Rolda de prensa arredor de “Correspondencia (1965-2014)”, en Santiago de Compostela

O mércores 22 de outubro, celebrarase, ás 11 h, no Pazo de San Roque, unha rolda de prensa arredor de Correspondencia (1965-2014), de Xesús Alonso Montero e Xosé Neira Vilas. No acto, acompañando o autor, Xesús Alonso Montero, intervirán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Fernando Redondo Neira, director da Fundación Neira Vilas, e Xosé […]

A Editorial Galaxia recibe a Medalla de Ouro da Universidade de Vigo

Un recoñecemento ao seu compromiso inquebrantable coa lingua e a cultura galega. Por ser unha entidade comprometida cos valores do galeguismo, o pluralismo e a tolerancia; por facer da lingua e a cultura galegas a súa razón de ser. Por todo isto e moitos outros argumentos, a Editorial Galaxia recibiu este venres a medalla de […]

Celebración do acto de presentación de “Unha Galaxia viguesa”, na cidade olívica

Esta mañá celebrouse no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o acto de presentación do libro Unha Galaxia viguesa, escrito por Marcos Calveiro e ilustrado por Mara Méndez. O encontro, que encheu o auditorio de rapazada e entusiasmo, converteuse nunha viaxe compartida pola imaxinación, a memoria editorial e a cidade. O autor e a ilustradora […]

Dúas obras de Editorial Galaxia, finalistas nos Premios Frei Martín Sarmiento

A Editorial Galaxia está de noraboa: “Cando o mundo é azul”, VII Premio Carlos Mosteiro, de Óscar Reboiras, e “Washington Square”, de Henry James, traducida ao galego por Clara Bouzada, veñen de ser elixidas finalistas da XXII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento. A primeira opta ao galardón na 3ª categoría (5º e 6º de […]