Editorial Galaxia conmemora o seu 75 aniversario reivindicando o papel da edición galega, coa exposición “Crear porvir. 75 aniversario Editorial Galaxia”

A mostra, que continúa na Coruña, exhíbese na Fundación Luís Seoane. Con motivo da celebración do 75 aniversario de Editorial Galaxia, ponse en marcha a exposición itinerante “Crear porvir. 75 aniversario Editorial Galaxia”, unha mostra que percorre a historia da editorial, desde a súa fundación en 1950 ata a actualidade, salientando o seu papel clave […]
Inauguración da exposición “Crear Porvir. Editorial Galaxia (1950-2025)”, na Coruña

O mércores 29 de outubro, celebrarase, ás 19 h, na Fundación Luís Seoane da Coruña, a inauguración da exposición Crear Porvir. 75 Aniversario Editorial Galaxia. No acto intervirán, Carmen Jiménez, directora da Fundación Luis Seoane; Xavier Alcalá, conselleiro e autor de Editorial Galaxia; Severino Álvarez, director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; e Antón Vidal, […]
Galaxia publica “Pontealbar”, de Adrián Noia

A colección Costa Oeste de Editorial Galaxia incorpora un novo título ao seu catálogo: Pontealbar, a novela de Adrián Noia, unha historia chea de misterio, ambientada no val do Río Grande. A vida de Pedro de Pontealbar muda por completo cando descobre que a fin do mundo está próxima por culpa dun pacto entre o […]
Convócase o IX Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño

“Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o IES Ribeira do Louro, a Editorial Galaxia e o Concello do Porriño convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados e lidos por alumnado do […]
A maxia das bibliotecas cobra vida co espectáculo de Tanxarina

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, espazos que gardan e espallan o coñecemento, a lectura e a liberdade. Baixo o lema “Contra a desinformación: bibliotecas”, esta edición lembra o seu papel esencial na defensa da verdade e do pensamento crítico. Desde Editorial Galaxia sumámonos á celebración cunha homenaxe moi especial: o espectáculo […]
Celebrada en Vigo a presentación de “Un intre no tempo. Poesía reunida. 1967–2017”, de Xosé Luís Franco Grande

A Casa Galega da Cultura, Fundación Penzol, acolleu onte, pola tarde, a presentación de Un intre no tempo. Poesía reunida. 1967–2017, un volume que recolle a obra poética completa de Xosé Luís Franco Grande, nunha edición ao coidado de Teresa Seara. O acto contou coa participación de Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; Manuel […]
Convócase o II Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil

A Fundación Xosé Neira Vilas e Editorial Galaxia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, co obxectivo de estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público xuvenil obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación da novela, convocan […]
Presentación en Vigo de “Un intre no tempo. Poesía reunida (1967–2017)”, de X. L. Franco Grande

O xoves 23 de outubro, ás 19:00 h, a Casa Galega da Cultura, Fundación Penzol, en Vigo, acollerá a presentación de Un intre no tempo. Poesía reunida. 1967–2017, un volume que recolle a obra poética completa de Xosé Luís Franco Grande. A edición, ao coidado de Teresa Seara, reúne os catro poemarios publicados polo autor, […]