Editorial Galaxia pon á disposición do público o audiolibro Retrincos. Un ollo de vidro, unha nova maneira de achegarse a dúas obras esenciais de Castelao e da narrativa galega moderna.
Nesta edición reúnense varios dos relatos que fan de Castelao un mestre da prosa galega moderna atópanse nestes Retrincos, anacos autobiográficos convertidos en contos tan sinxelos como ben construídos. A noveliña Un ollo de vidro foi o primeiro traballo de ficción narrativa publicado polo autor, e achégase a unha sorte de expresionismo arraigado no popular.

O audiolibro está narrado por Alfonso Agra, Ana Maciñeiras, Francisco Javier López, José Ignacio Valiño, Juan Miranda, Julio Lorenzo, Roberto Reboiro, Teresa Santamaría e Unai Padín. A gravación foi dirixida por Teresa Santamaría nunha produción de Cinema Iberolusa para Editorial Galaxia.
Podedes mercalo premendo aquí.