O xoves 4 de decembro, celebrarase, ás 19:15 h, na Sala de Conferencias Sede Afundación, en Vigo, o acto final conmemorativo do 75 aniversario de Editorial Galaxia, coa inauguración da exposición de Crear Porvir. Editorial Galaxia (1950 – 2025)”.
Comisariada por Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega, Malores Villanueva e Xosé Manuel Dasilva, persoas expertas na materia, destaca o labor dos autores e autoras desde 1950 ata a actualidade, reflectindo o papel clave da editorial na evolución cultural da Galicia contemporánea e a súa proxección exterior.