Palestra e clausura das Xornadas “Carlos Casares e a Editorial Galaxia”, en Nigrán

Categoría: Nova

O venres, 28 de novembro, ás 19:30 h, no Cine Municipal de Nigrán (Centro Comercial da Ramallosa), celebrarase a palestra Carlos Casares e a Editorial Galaxia.

A conferencia será impartida por Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia, e introducida por Carlos Méixome, historiador.
O acto servirá tamén como clausura das Xornadas, coa intervención de Juan González, alcalde de Nigrán.

O Concello de Nigrán súmase á conmemoración do 75 aniversario de Editorial Galaxia cun ciclo de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o mes de novembro no Cine Municipal de Nigrán (Centro Comercial da Ramallosa). As Xornadas “Nigrán e Galaxia. 75 anos da Editorial Galaxia” celebranse catro venres consecutivos (7, 14, 21 e 28 de novembro) cun completo programa de palestras, proxeccións e exposicións que poñen en valor a traxectoria da editorial e a súa vinculación coa contorna.

A inauguración celebrouse o 7 de novembro, coa apertura das exposicións Unha idea de Galicia e de liberdade. Francisco Fernández del Riego (1913–2010) e As caras dos libros de Carlos Casares, así como a proxección do audiovisual Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia.

O pasado venres 14 de novembro, celebrouse unha palestra, co título: “Ramón Otero Pedrayo e a Editorial Galaxia”, impartida por Patricia Arias Chachero, profesora, investigadora e conselleira do Consello de Administración de Galaxia, e introducida por Antón Mascato, escritor e editor.

As seguintes sesións, todas celebradas ás 19:30 h, estarán dedicadas a tres figuras esenciais na historia da editorial:

E o 21 de novembro, tivo lugar o encontro “Francisco Fernández del Riego e a Editorial Galaxia”, relatorio de Antón Mascato, introducido por Carlos Méixome, historiador.

28 de novembro: “Carlos Casares e a Editorial Galaxia”, conferencia de Xosé Manuel Soutullo, introducida tamén por Carlos Méixome. Este último acto servirá de clausura das xornadas e contará coa intervención do alcalde Juan González.

As exposicións permanecerán abertas ao público neste mesmo espazo municipal en horario de 17:00 a 21:00 h, ampliándose o horario do aparcadoiro ata as 22:30 h.

Estas xornadas, organizadas polo Concello de Nigrán coa colaboración de Editorial Galaxia e da Fundación Carlos Casares, son unha oportunidade para celebrar o legado dunha editorial que leva setenta e cinco anos mantendo acesa a luz da cultura galega.

Podedes atopar o programa completo premendo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email