Hoxe lembramos o 10º cabodano de Xosé Neira Vilas, unha das figuras literarias máis queridas e decisivas da nosa cultura.
Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) deixou unha obra marcada pola emigración e pola memoria colectiva dun país. Memorias dun neno labrego, escrito desde esa experiencia vital, converteuse nun dos libros máis emblemáticos das nosas letras. A súa traxectoria, recoñecida con distincións como a Medalla Castelao, o Premio da Cultura Galega ou a Medalla de Ouro de Galicia, mantén hoxe a mesma forza e vixencia.
E esta tarde, ás 17 h, a súa obra volve a Gres.
Na Fundación Neira Vilas celebrarase a presentación de Correspondencia 1965-2014, o intercambio epistolar entre Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero, quen tamén asina o limiar.
Acompañando a Alonso Montero, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia; Víctor F. Freixanes, escritor e académico da RAG; e Xosé Soutullo, director de Editorial Galaxia.
Un encontro para revisitar unha amizade, unha época e unha obra que segue marcando xeracións.