No pasamento de Xosé Freixanes

Categoría: Nova

Desde Editorial Galaxia queremos expresar o noso pesar polo pasamento de Xosé Freixanes, unha figura esencial da pintura galega e un creador que sempre entendeu a arte como unha ponte entre culturas.

Acompañamos na dor á súa familia e, de maneira especial, a Víctor F. Freixanes, co que compartiu non só sangue, senón un diálogo artístico e vital que deixou unha pegada fonda na nosa cultura.

Xosé Freixanes foi un artista que abriu camiños: integrante do movemento Atlántica, viaxeiro incansable e mirada sempre curiosa. A súa capacidade para recoñecer a humanidade común nos recunchos máis afastados do mundo tamén está presente na súa colaboración con Galaxia, ilustrando Maasai, de Alberto Avendaño, unha novela sobre o amor, a guerra e a maxia dun pobo. 

Sempre quedará o seu legado e a súa sensibilidade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email