Estás aquí:

Código: 18388

Maasai

15,90  IVE INCLUIDO
Esta é unha novela sobre o amor, a guerra e a maxia dun pobo.
E se estes temas parecen grandes de máis para un libro pequeno, recoméndase abrilo decontado para vivir unha experiencia única na narrativa galega. Alberto Avendaño lévanos a África e tráenos de volta a nós mesmos. O escritor baseouse en feitos da historia maasai e na vida do Laibon Mbatian, o seu mítico líder espiritual, para crear unha rede de historias que nos observan e nos cuestionan con profundo humanismo e certo humor que, de non ser maasai, cualificariamos de retranqueiro. Algo do que aquí se conta, escoitouno o autor en Mombasa a mediados dos anos oitenta do século XX.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 138
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 448
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-842-6
Observacións: Ten unhas ilustracións de Xosé Freixanes

AUTORES/AS

Avendaño, Alberto
Alberto-Avendano

(Vigo, 1957) é escritor e xornalista cunha carreira profesional en dous mundos (en Galicia coa TVG e nos Estados Unidos con The Washington Post), e en tres idiomas (galego, castelán e inglés). Con Antón Reixa e Manuel M. Romón forma parte do Grupo de Comunicación Poética Rompente (1976-1983), vangarda literaria durante a transición democrática española, onde fai colaboracións artísticas con Menchu Lamas e Antón Patiño, así como cos músicos Enrique X. Macías e Julián Hernández (Siniestro Total). Traballou para a RTVG e o CDG, antes de emigrar aos Estados Unidos durante trinta anos, onde a súa obra se recolle en publicacións da Academia Norteamericana da Lingua Española, da que é membro. De regreso a Galicia, Avendaño volve a Rompente cos poemarios Que hostia din os rumororosos? (2021) e CAOSMOS (2022) con Antón Patiño. Autor de literatura infantil (dous Premios Barco de Vapor), teatro e tradutor ao galego de clásicos da literatura en inglés, Avendaño recibiu os recoñecementos máis importantes da prensa hispana dos Estados Unidos, así como tres Premios Emmy™ da Academia da TV estadounidense.

Autoría foto autor: Alexandra Arata.

As súas obras

Aventuras de Sol
aventuras sol
12.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.15€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
25.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
20.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.50€ CON IVE