(Vigo, 1957) é escritor e xornalista cunha carreira profesional en dous mundos (en Galicia coa TVG e nos Estados Unidos con The Washington Post), e en tres idiomas (galego, castelán e inglés). Con Antón Reixa e Manuel M. Romón forma parte do Grupo de Comunicación Poética Rompente (1976-1983), vangarda literaria durante a transición democrática española, onde fai colaboracións artísticas con Menchu Lamas e Antón Patiño, así como cos músicos Enrique X. Macías e Julián Hernández (Siniestro Total). Traballou para a RTVG e o CDG, antes de emigrar aos Estados Unidos durante trinta anos, onde a súa obra se recolle en publicacións da Academia Norteamericana da Lingua Española, da que é membro. De regreso a Galicia, Avendaño volve a Rompente cos poemarios Que hostia din os rumororosos? (2021) e CAOSMOS (2022) con Antón Patiño. Autor de literatura infantil (dous Premios Barco de Vapor), teatro e tradutor ao galego de clásicos da literatura en inglés, Avendaño recibiu os recoñecementos máis importantes da prensa hispana dos Estados Unidos, así como tres Premios Emmy™ da Academia da TV estadounidense.
Autoría foto autor: Alexandra Arata.