A Marela Tarabela máis que unha vaca é unha persona, ven a coñecela...
Tarabela é unha vaca que que sente e pensa como as persoas. Ela ve o mundo a través dos seus grandes ollos vacúns e coida que hai demasiadas inxustizas. Tamén sente agarimo por Xuxo, o seu pequeno amo, que chega a querer a Tarabela como se quere aos grandes amigos.
Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso país. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labrego, un dos libros máis famosos das letras galegas. A mestría do Neira Vilas narrador amósase nese e noutros moitos libros que lle valeron o recoñecemento da sociedade galega.
Ao longo da súa vida Neira Vilas recibiu numerosos galardóns, como por exemplo a Medalla Castelao en 1988. Nos Premios da Edición que concede a AGE recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010. En 2014, recibiu, na modalidade de Letras, o Premio da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia e en 2015, a Medalla de Ouro de Galicia.