Venres, 28 de novembro
17:00 h · Escenario Arte
Demostración de ilustración en vivo arredor de Memorias dun neno labrego, con Iria Aldegunde.
18:00 h · Escenario Infantil
Contacontos arredor de Croco, de Irene Alonso Gasalla, un relato sobre resiliencia e amizade para público a partir de 3 anos.
18:00 h · Zona de encontros
Conversa con Sandra Lodi, autora de Adelina (Premio Castelao BD 2024), e Loli Rodríguez Rodríguez, autora de Nailía (Premio Torrente Ballester 2024).
Modera a xornalista Susana Pedreira.
19:00 h · Stand da libraría Boulevard
Presentación de Baixo o ceo de xeo, Premio Illa Nova de Narrativa 2024, con Adrián Pérez Bote acompañado polo libreiro Daniel Chapela.
Sábado, 29 de novembro
12:00 h · Aula 1
Obradoiro de Banda Deseñada con Sandra Lodi (a partir de 8 anos, 10 prazas).
Inscricións: culturgal.obradoiros@gmail.com
12:30 h · Stand da libraría Boulevard
Sinatura con Miriam Couceiro.
13:00 h · Stand da libraría Boulevard
Presentación de A vida arder, de Abraham Pérez, acompañado polo libreiro Daniel Chapela.
13:00 h · Escenario Arte
Mesa redonda con Paula Mayor (Rosalía oculta), Xulia Lago e Begoña G. Alén.
Modera Óscar Iglesias.
16:00 – 18:00 h · Stand libraría Pedreira
Sinatura con Nerea Pallares, arredor de Punto de araña, Premio García Barros 2025.
16:30 h · Stand Mitolóxicas
Sinatura con Andrés Castro e Alexandre Senande, arredor da serie Sentinelas.
17:00 h · Festa dos Clubes de Lectura
Conversa entre Cynthia Méndez (Son coma glaciares os barcos de aceiro), Ana Varela (Runrún) e Alba Tomé, finalista do Premio Illa Nova 2025.
18:00 h · Stand da libraría Boulevard
Sinatura con Óscar Reboiras.
18:30 h · Stand da libraría Boulevard
Sinatura con Inma López Silva.
19:00 h · Stand da libraría Boulevard
Sinatura con César Cequeliños.
19:30 h · Stand da libraría Boulevard
Presentación de Pontealbar, con Adrián Noia acompañado pola escritora Andrea Mosteiro.
Domingo, 30 de novembro
12:00 h · Stand da libraría Boulevard
Sinatura con Francisco Castro.
12:00 h · Espazo Letras
Conversa coas gañadoras dos Premios Raíña Lupa e Castelao LIX: Rosa Aneiros (Unha historia de amor como outra calquera), Érica Esmorís e Laura Suárez.
Conduce Susana Pedreira.
12:30 h · Stand da libraría Boulevard
Sinatura con Juan Parcero.
17:30 h · Stand da libraría Boulevard
Sinatura con Fernando Tomé.
18:00 h · Stand da libraría Boulevard
Sinatura con Sandra Ferreira.
19:00 h · Escenario Música
Encontro Lembrando a Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, con Ana Romaní, A Pedreira, Mónica Caamaño e Uxía.
Culturgal 2025
Pazo da Cultura de Pontevedra.