Pérez, Abraham

PEREZ, ABRAHAM
Pérez, Abraham

(Lugo, 1990) é autor dos poemarios Fragmento/Creba (Editorial Galaxia, 2020), unha teoría para os espectros (Toxosoutos. 2º Premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba) e o corpo transparente das horas (Editorial Galaxia, 2022); do ensaio Sacho de seda (Menino Morreu, 2023), da novela O paso en falso (Editorial Galaxia, 2023; finalista do XXXIV Premio “Torrente Ballester” de narrativa en lingua galega), do diario Gaivotas manchadas de petróleo (Menino Morreu, 2024) e do volume de relatos A vida a arder (Editorial Galaxia, 2025). No ano 2021 acadou o Accésit no XXV Certame Francisco Añón de Poesía coa obra toxicidade; no 2022 foi elixido coma un dos artistas para a Residencia Artística Mariñán e no 2023 foille concedida a Residencia de creación literaria Illa de San Simón. Ten colaborado en revistas especializadas como Grial, Dorna: expresión poética galega, Luzes ou Xistral, entre outras. Parte da súa obra foi traducida ao francés, o inglés, o portugués e o español. Amais, ten realizado intervencións artísticas en museos e galerías de arte, asemade participou en diversos recitais poéticos. A súa obra é un proxecto en curso, aberto, onde cada peza está integrada no conxunto.

As súas obras

A vida a arder
A vida a arder
18.50€ CON IVE
O paso en falso
9788411761536
18.55€ CON IVE
Fragmento / Creba
fragmento-creba
17.50€ CON IVE
O corpo transparente das horas
9788491518075
16.80€ CON IVE