Estás aquí:

Código: 18360

O corpo transparente das horas

16,80  IVE INCLUIDO
En o corpo transparente das horas, o autor insiste na liña aberta con Fragmento/Creba no proceso da investigación artística.
A preocupación ontolóxica segue a ser o elemento xenético que articula a voz poética, mais nesta obra móstrase un xiro na composición do texto, procurando unha resignificación conceptual á vez que lírica, onde o estatismo implícito na enunciación e as imaxes utilizadas nalgúns versos buscan mostrar a dinámica intrínseca do real.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 138
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 125 x 220 mm.
Colección: Dombate
Nº na colección: 102
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-807-5
Observacións:

AUTORES/AS

Pérez, Abraham
PEREZ, ABRAHAM

(Lugo, 1990) é autor dos poemarios Fragmento/Creba (Editorial Galaxia, 2020), unha teoría para os espectros (Toxosoutos. 2º Premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba) e o corpo transparente das horas (Editorial Galaxia, 2022); do ensaio Sacho de seda (Menino Morreu, 2023), da novela O paso en falso (Editorial Galaxia, 2023; finalista do XXXIV Premio “Torrente Ballester” de narrativa en lingua galega), do diario Gaivotas manchadas de petróleo (Menino Morreu, 2024) e do volume de relatos A vida a arder (Editorial Galaxia, 2025). No ano 2021 acadou o Accésit no XXV Certame Francisco Añón de Poesía coa obra toxicidade; no 2022 foi elixido coma un dos artistas para a Residencia Artística Mariñán e no 2023 foille concedida a Residencia de creación literaria Illa de San Simón. Ten colaborado en revistas especializadas como Grial, Dorna: expresión poética galega, Luzes ou Xistral, entre outras. Parte da súa obra foi traducida ao francés, o inglés, o portugués e o español. Amais, ten realizado intervencións artísticas en museos e galerías de arte, asemade participou en diversos recitais poéticos. A súa obra é un proxecto en curso, aberto, onde cada peza está integrada no conxunto.

As súas obras

Fragmento / Creba
fragmento-creba
17.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate

17 segundos
9788491516309
19.70€ CON IVE
A herdade
9788491517702
13.60€ CON IVE
A abertura da boca
9788491517481
12.30€ CON IVE
Antese
9788491517870
13.60€ CON IVE
Ao pé de cada hora
pe de cada hora
11.30€ CON IVE
Árbores no deserto
arbores-no-deserto
16.80€ CON IVE
As flores do baleiro
As flores do baleiro OBRADOIRO 7 mm.indd
14.40€ CON IVE
Baleas e baleas
baleas-e-baleas
14.35€ CON IVE