Daniel Landesa gaña o VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro con “Nenapinguín”

Na Pobra do Caramiñal, a 19 de decembro de 2025, reunido o xurado do VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos, conformado por Encarna Pego, vicepresidenta da Asociación Cultural Barbantia, Óscar Reboiras, gañador da anterior edición, e Marcos Calveiro, en representación da Editorial Galaxia, […]
Editorial Galaxia conmemora a súa historia coa Biblioteca 75 aniversario

Chegamos a decembro tras un ano de celebracións arredor dos 75 anos de historia de Editorial Galaxia. Un ano de encontros, actividades e memoria compartida que tivo na Biblioteca 75 aniversario unha das súas apostas editoriais centrais: un proxecto pensado para recuperar en poñer en circulación textos que axudaron a construír a nosa cultura e […]
Convócase a XXXVIII Edición do Premio de Novela Manuel García Barros

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]
Xa está dispoñible a promoción da colección “Á marxe”, de Carlos Casares

Editorial Galaxia iniciou, hai 20 anos, a publicación da obra xornalística de Carlos Casares, reunindo nos distintos volumes os artigos que o autor publicou diariamente en La Voz de Galicia entre 1993 e 2002, baixo o título Á marxe. Eses textos, cita obrigada para milleiros de lectores durante anos, destacan pola súa precisión, talento, eficacia […]
Por que ler “O lanzador de coitelos” este Nadal

Fernando Castro Paredes constrúe, en O lanzador de coitelos, unha novela de estrutura sofisticada, onde nada é exactamente o que parece. Os personaxes móvense entre identidades duplicadas, pasados que regresan e decisións que obrigan a preguntarse quen somos realmente: vítimas ou verdugos. Compartimos as razóns da crítica literaria para lelo: “PROSA BRILLANTE E ENVOLVENTE, QUE INVOLUCRA AO […]
70 anos de “Merlín e familia”, o libro fundacional da narrativa de Cunqueiro

Un 15 de decembro de 1960, hai 65 anos, publicábase Si o vello Sinbad volvese ás illas, unha das obras máis singulares de Álvaro Cunqueiro. Nela, o mítico mariño lembra, a través da voz de Al-Faris Ibn Iaquim Al Galizí, un pasado cheo de aventuras mentres vive instalado no presente: facendo tertulia con viaxeiros de […]
Convócase o VI Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

PRIMEIRA Poderán optar ao VI Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese […]
Ideas de agasallos para este Nadal

O Nadal chega sempre cargado de luz, encontros e ese costume tan noso de agasallar historias. Na Editorial Galaxia queremos facervos máis doado atopar o libro perfecto para cada persoa querida: obras que emocionan, que sorprenden e que acompañan moito máis alá destas datas. Compartimos algunhas recomendacións do noso catálogo para converter este Nadal nun […]