Palestra “Francisco Fernández del Riego e a Editorial Galaxia”, en Nigrán

O venres, 21 de novembro, ás 19:30 h, no Cine Municipal de Nigrán (Centro Comercial da Ramallosa), celebrarase a palestra Francisco Fernández del Riego e a Editorial Galaxia. O relatorio será impartido por Antón Mascato, editor, e introducido por Carlos Méixome, historiador. O Concello de Nigrán súmase á conmemoración do 75 aniversario de Editorial Galaxia cun […]

Rolda de prensa arredor de “Argonautas no labirinto”, en Santiago de Compostela

O xoves 20 de novembro, celebrarase, ás 11 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa arredor de Argonautas no labirinto, III Premio de Novela Camiño de Santiago 2025, de Fernando García Calderón. Acompañando o autor, estarán Marcelino Agís, presidente da Academia Xacobea; Milagros Otero Parga, secretaria da Academia; Valentín […]

Unha illa da que non podes saír sendo a mesma

Acabamos de recibir Illa de sangue, a nova obra de Carmen V. Valiña, autora de As tolas que non o eran e gañadora do Premio de Narrativa Breve Repsol 2025. Abondan dez minutos para percorrer a illa, pero fan falta millóns de invernos para esquecela. En Illa de sangue, Helena chega a este territorio marcado […]

Cando perder o norte é o primeiro paso para atoparse

A perda dunha persoa querida, os recordos que se repiten na memoria, as palabras que nunca se chegan a dicir e a culpa que aparece sen remedio. Unha viaxe en bicicleta convértese aquí nunha busca de sentido: tempo para pensar, para reencontrarse e para conversar con outras persoas que tamén fan o Camiño coas súas […]