Un diario escrito ao longo de cincuenta anos: “Voos diarios”, de Xosé Manuel G. Trigo

Categoría: Nova

Voos diarios recolle unha escolma do diario persoal que Xosé Manuel G. Trigo foi escribindo ao longo de cincuenta anos. Un caderno privado que o autor gardou durante décadas nunha patela vella do seu avó mariñeiro e que agora decide compartir cos lectores.

O libro dialoga coa tradición do diario literario, un xénero no que, como lembraba Gregorio Marañón, o autor adoita expoñerse máis do que pensa. 

Nado en Meira (Moaña) en 1948, Xosé Manuel G. Trigo é profesor e colaborador en publicacións como Grial, Revista Galega do Ensino ou Guía dos Libros Novos. Como narrador publicou Extintos básicos (1988). 

Comparte nas túas redes sociais ou por email