12 libros de Editorial Galaxia, na primeira selección dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2026

Categoría: Uncategorized, Nova

Os Premios Follas Novas do Libro Galego veñen de facer pública a primeira selección de obras candidatas á edición de 2026, un paso decisivo dun proceso que culminará coa gala de entrega o vindeiro 9 de maio de 2026, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Os galardóns, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), recoñecen a excelencia do traballo editorial realizado en Galicia ao longo de 2025. 

A primeira fase do proceso partiu dunha preselección realizada polas entidades convocantes, da que saíu un listado definitivo de seis obras por categoría. A partir deste listado, os distintos xurados escollerán tres finalistas por categoría antes da resolución final.

As obras de Editorial Galaxia seleccionadas

Editorial Galaxia conta cunha presenza destacada nesta primeira selección, con títulos incluídos en varias categorías:

Ensaio e investigación

Divulgación

Narrativa

Literatura infantil

  • Bonecas, de Raquel Castro e Komorevi

Literatura xuvenil

Banda deseñada, libro gráfico e humor

Obra traducida

Teatro

O proceso continuará nas vindeiras semanas coa elección das obras finalistas. Ata entón, celebramos este primeiro recoñecemento e o camiño compartido coas autoras e autores que fan posible un catálogo vivo e diverso.

Comparte nas túas redes sociais ou por email