En Literatura insólita recóllense artigos que versan sobre os costumes e as manías dos creadores, as outras profesións dos escritores, a precocidade e lonxevidade literarias, sobre mortes novelescas, traizóns póstumas, curiosidades a propósito dos títulos dos libros, as linguas en que foron escritos, as dedicatorias e os volumes raros, exóticos, misteriosos e mesmo prohibidos, tamén sobre as obras que tratan de illas e reinos fabulados, o xadrez, os cemiterios, os trens, o humor, a medicina, as invasións, os naufraxios, as matemáticas, o deporte, os cabalos, os templarios, os paraugas ou a intelixencia artificial, entre moitos outros asuntos sempre insólitos.

(Mondoñedo, 1971) é crítico literario, secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e profesor da USC. Coordinador de Publicacións e Actividades da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, responsabilizouse de numerosas edicións e estudos de autores galegos dos séculos XX e XXI, ademais de escribir monografías sobre Ánxel Fole, Xosé Díaz Jácome, Xosé María Díaz Castro e Álvaro Cunqueiro, entre outros.
Como crítico literario asinou colaboracións en cabeceiras de Galicia e de fóra desta, e exerce como comentarista nos xornais Faro de Vigo, La Opinión, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.