Comezamos o 2026 con Begoña Caamaño como protagonista

En Editorial Galaxia iniciamos con entusiasmo o 2026, un ano que homenaxea a Begoña Caamaño coas Letras Galegas. A súa obra segue a dialogar co presente desde a reescrita dos mitos, cunha mirada crítica, feminista e fondamente literaria. Begoña Caamaño naceu en Vigo, en 1964, e finou en Santiago de Compostela, no 2014; foi xornalista […]
Editorial Galaxia pecha o 2025 co recoñecemento social á celebración do seu 75 Aniversario

Baixo o lema CREAR PORVIR, máis de 25.000 persoas participaron nas accións culturais desenvolvidas por toda Galicia. Neste 2025 Editorial Galaxia recibiu distintos galardóns como o Premio da Cultura Galega da Xunta de Galicia, a Medalla de Ouro da Universidade de Vigo ou o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo, entre outros. Editorial Galaxia pecha […]
Enrique García Jiménez gaña o III Premio de Ensaio “Camiño de Santiago” con “Apapachoa. El camino de Santiago como experiencia cima”

O Profesor e escritor Enrique García Jiménez gaña o III Premio de ensaio “Camiño de Santiago” coa obra Apapachoa. El camino de Santiago como experiencia cima, convocado pola Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura e a Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, e […]
Roberto Fernández Álvarez gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025 con “A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega”

A obra A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega, de Roberto Fernández Álvarez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse onte, día 29 de decembro […]
Luís Rei Núñez gaña o II Premio de Novela Álvaro Cunqueiro con «Elas dúas»

Luís Rei Núñez foi o gañador do II Premio de Novela Álvaro Cunqueiro coa obra «Elas dúas». O xurado deste premio, que ten carácter bianual, estivo constituído por Ánxela Gracián, Rosalía Morlán, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, aos que se sumou como secretario con voz e sen voto Alberto García Fernández, concelleiro de […]
Editorial Galaxia deséxavos unhas felices festas

Desde a Editorial Galaxia desexámosvos unhas felices festas e un venturoso 2026. O 2026 será o Ano Otero, unha ocasión para volver mirar a nosa cultura con curiosidade, amor pola terra e pola palabra. Agardamos que este novo ano veña acompañado de tempo para ler, pensar e seguir atopándonos nos libros. Grazas por camiñar connosco […]
Este Nadal, en galego, a mellor literatura universal

Ao longo deste ano, Editorial Galaxia seguiu ampliando a colección Literaria Universal, unha iniciativa que achega os grandes clásicos da literatura ao lectorado galego, en traducións coidadas e rigorosas. Estas son algunhas das obras publicadas recentemente na colección. Libros distintos entre si, pero unidos pola súa capacidade para resistir o paso do tempo e seguir […]
Historias para compartir este Nadal

O Nadal é tamén un tempo para a reflexión, para mirar o mundo con máis matices e para atopar nos libros preguntas que nos acompañen máis alá das festas. Na Editorial Galaxia propoñemos unha selección de lecturas para regalar pensamento, emoción e memoria: libros que falan da vida, do amor, da historia compartida e das […]