Presentación arredor de “Non creo en máis vida ca esta”, en Club Faro

O luns 26 de xaneiro, ás 20 h, Non creo en máis vida ca esta presentarase no Club Faro de Vigo. O autor estará acompañado por Perfecto Conde, xornalista, e Manuel Rivas, escritor. Galaxia publica Non creo en máis vida ca esta, de J. Benito Fernández, traducida ao galego por Perfecto Conde. A novela relata os últimos días dun […]

Unha infancia no Calvario para entender a voz de Begoña Caamaño

Galaxia publica A nena que perdeu un zapato na lama. Begoña Caamaño no Calvario vigués (1964–1976), un libro de Ramón Nicolás, ilustrado por Carlos Gallego, que se afasta dos formatos máis convencionais para achegarse aos primeiros anos de vida dunha das autoras máis singulares da nosa literatura. Este libro, publicado na colección Xohán Ledo, propón […]

Galaxia publica “Non creo en máis vida ca esta”, de J. Benito Fernández

Galaxia publica Non creo en máis vida ca esta, de J. Benito Fernández, traducida ao galego por Perfecto Conde. A novela relata os últimos días dun pai ao coidado do seu fillo, un tempo de suspensión no que o narrador revisa a súa propia traxectoria vital. A escritura convértese nunha ferramenta introspectiva, nunha desgarrada purga […]

Ano Otero Pedrayo. O futuro comezou aquí

En Editorial Galaxia imos vivir un ano moi especial: celebramos o Ano Otero Pedrayo, unha oportunidade para volver ler, pensar e dialogar cunha das figuras centrais da nosa cultura. Ramón Otero Pedrayo foi novelista, ensaísta, xeógrafo, intelectual comprometido e presidente da nosa editorial ata o final da súa vida. A súa obra percorre todos os […]

Galaxia presenta un 2026 ateigado de novidades

Despois dun ano moi especial no que celebramos o 75 aniversario de Editorial Galaxia, o 2026 ábrese prometendo ser moi importante. Este será ano Otero Pedrayo, primeiro presidente de Galaxia. Ao longo desta celebración, todo o seu catálogo renovado estará novamente á disposición do lectorado e publicarase unha edición especial do centenario da Guía de […]