Galaxia publica “Non creo en máis vida ca esta”, de J. Benito Fernández

Galaxia publica Non creo en máis vida ca esta, de J. Benito Fernández, traducida ao galego por Perfecto Conde. A novela relata os últimos días dun pai ao coidado do seu fillo, un tempo de suspensión no que o narrador revisa a súa propia traxectoria vital. A escritura convértese nunha ferramenta introspectiva, nunha desgarrada purga […]
Ano Otero Pedrayo. O futuro comezou aquí

En Editorial Galaxia imos vivir un ano moi especial: celebramos o Ano Otero Pedrayo, unha oportunidade para volver ler, pensar e dialogar cunha das figuras centrais da nosa cultura. Ramón Otero Pedrayo foi novelista, ensaísta, xeógrafo, intelectual comprometido e presidente da nosa editorial ata o final da súa vida. A súa obra percorre todos os […]
Galaxia presenta un 2026 ateigado de novidades

Despois dun ano moi especial no que celebramos o 75 aniversario de Editorial Galaxia, o 2026 ábrese prometendo ser moi importante. Este será ano Otero Pedrayo, primeiro presidente de Galaxia. Ao longo desta celebración, todo o seu catálogo renovado estará novamente á disposición do lectorado e publicarase unha edición especial do centenario da Guía de […]
Comezamos o 2026 con Begoña Caamaño como protagonista

En Editorial Galaxia iniciamos con entusiasmo o 2026, un ano que homenaxea a Begoña Caamaño coas Letras Galegas. A súa obra segue a dialogar co presente desde a reescrita dos mitos, cunha mirada crítica, feminista e fondamente literaria. Begoña Caamaño naceu en Vigo, en 1964, e finou en Santiago de Compostela, no 2014; foi xornalista […]
Editorial Galaxia pecha o 2025 co recoñecemento social á celebración do seu 75 Aniversario

Baixo o lema CREAR PORVIR, máis de 25.000 persoas participaron nas accións culturais desenvolvidas por toda Galicia. Neste 2025 Editorial Galaxia recibiu distintos galardóns como o Premio da Cultura Galega da Xunta de Galicia, a Medalla de Ouro da Universidade de Vigo ou o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo, entre outros. Editorial Galaxia pecha […]
Enrique García Jiménez gaña o III Premio de Ensaio “Camiño de Santiago” con “Apapachoa. El camino de Santiago como experiencia cima”

O Profesor e escritor Enrique García Jiménez gaña o III Premio de ensaio “Camiño de Santiago” coa obra Apapachoa. El camino de Santiago como experiencia cima, convocado pola Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura e a Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, e […]
Roberto Fernández Álvarez gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025 con “A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega”

A obra A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega, de Roberto Fernández Álvarez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse onte, día 29 de decembro […]
Luís Rei Núñez gaña o II Premio de Novela Álvaro Cunqueiro con «Elas dúas»

Luís Rei Núñez foi o gañador do II Premio de Novela Álvaro Cunqueiro coa obra «Elas dúas». O xurado deste premio, que ten carácter bianual, estivo constituído por Ánxela Gracián, Rosalía Morlán, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, aos que se sumou como secretario con voz e sen voto Alberto García Fernández, concelleiro de […]