A exposición Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia, que pode visitarse no MARCO, inicia mañá o programa de actividades complementarias organizado en colaboración entre o museo e Editorial Galaxia.
Actividades complementarias
1. Roteiro guiado “A presenza de Rosalía en Vigo”
Sábado 21 de febreiro, ás 12:00 h
Saída: Oliveira do Paseo de Alfonso
Remate: sala da exposición no MARCO
Conducido por: Xurxo Martínez González, comisario da mostra
Capacidade: 30 persoas
Prazas esgotadas
No contexto do Día de Rosalía de Castro, o roteiro percorre distintos puntos da cidade vinculados á autora e conclúe na sala da exposición.
2. Visita comentada á exposición
Martes 10 de marzo, ás 19:00 h
Lugar: Galería B3, MARCO
Conducida por: Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia
Capacidade: 30 persoas
Sistema de reserva previa
3. Visita comentada á exposición
Martes 17 de marzo, ás 19:00 h
Lugar: Galería B3, MARCO
Conducida por: Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia
Capacidade: 30 persoas
Sistema de reserva previa
4. Día do Libro: visita poética á exposición
Sábado 25 de abril, ás 12.00 h
Lugar: Galería B3, MARCO
Conducida por: Tamara Andrés, directora da colección Dombate
Capacidade: 30 persoas
Sistema de reserva previa
Reserva previa en: recepcion@marcovigo.com

Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia permanece aberta ao público no MARCO (Galería B1, 1º andar) ata o 17 de maio de 2026.
Comisariada por Xurxo Martínez González, coa coordinación e deseño de Hayat Husein, a mostra propón un percorrido pola historia gráfica de Editorial Galaxia ao longo dos seus 75 anos. A través dunha selección de cubertas organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos, pon o foco no labor dos principais responsables do deseño editorial: Xohán Ledo, Francisco Mantecón, Manuel Janeiro e Hayat Husein, con especial atención á figura de Xaime Isla Couto.
A exposición aborda tamén o papel das coleccións, da literatura infantil e da tradución de clásicos na construción dun proxecto editorial que fixo do libro unha ferramenta de cultura e conciencia.
O programa de actividades complementarias ofrece a oportunidade de coñecer a mostra con maior profundidade e contextualización. A asistencia require reserva previa ata completar capacidade.
Agardámoste no MARCO para descubrir, de primeira man, como se debuxa un país tamén dende as súas cubertas.