O martes 24 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, na sede da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura, de Vigo, terá lugar a presentación do número 2 da revista Trasalba, que edita a Fundación Otero Pedrayo.
No acto participarán Xosé Antonio López Silva, membro do consello editorial da revista, e Xosé Manuel Soutullo, director da Fundación Penzol.
O acto enmárcase nas actividades que a Fundación Penzol organiza neste 2026 para a celebración do Ano Otero Pedrayo 2026. A revista Trasalba, ao coidado dun consello editorial formado por Eduardo López Pereira, Patricia Arias Chachero e Xosé Antonio López Silva, naceu “co fin de acoller o amplo mundo literario, cultural e vital do Patriarca das Letras Galegas”. O sumario do número 2 recolle colaboracións de Henrique Monteagudo, Eduardo López Pereira, Xosé Isorna, Maribel Outeiriño, Patricia Arias Chachero, Andrea Estévez Álvarez, Andrea Mosteiro Sangiao e José Nicanor Alonso Álvarez, que tratan variados temas ao redor de Otero Pedrayo e sobre persoas relacionados coa súa vida e a súa obra.