Tamara Andrés publica “Eu son de aquí e de alá”, a súa primeira obra narrativa, na colección Literaria Ronsel

Categoría: Nova

Editorial Galaxia publica na colección Literaria Ronsel Eu son de aquí e de alá, o primeiro libro de narrativa de Tamara Andrés, autora cunha sólida traxectoria como poeta e investigadora, e actual directora da colección Dombate da editorial.

Neste volume, Tamara Andrés vai á procura de Matilde Lloria (1912-2002), poeta que viviu a cabalo entre Valencia e Galicia e que, na España do século XX, desenvolveu unha produción poética en valenciano, galego e castelán. Enfiando as voces de distintas persoas convertidas aquí en personaxes, a autora comparte a súa indagación arredor dunha creadora alófona e migrante, situada nun espazo complexo dentro das historias literarias.

Eu son de aquí e de alá constrúese nun lugar intermedio: é un exercicio de memoria fragmentada, un xogo de espellos e unha pescuda sobre aquilo que queda fóra dos relatos canónicos. Tamén unha man tendida e un intento de reparación.

Nada en Combarro en 1992, Tamara Andrés posiciónase sempre na palabra e na súa medida. Escribe, traduce, ensina, investiga e conta. En 2015 publicou A mentalista, unha homenaxe particular a René Magritte, e ese mesmo ano gañou o Premio de Poesía O Facho con Nenaespirqes. Textos seus foron recoñecidos con diversos galardóns e incluídos en obras colectivas como Winee-Rpses (Le Tour 1987) ou na antoloxía No seu despregar (Apiario). En Editorial Galaxia publicou libros como Corpo de antiochia Distancias, con Marcos Viso.

Con este libro, Tamara Andrés abre unha nova etapa no seu percorrido literario e confirma unha voz atenta á memoria e ás marxes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email