Presentación de “Os ollos do irmán eterno”, en Ponteareas

O martes 17 de outubro, celebrarase, ás 19:30 h, na sala de usos múltiples do Auditorio de Ponteareas, a presentación de Os ollos do irmán eterno, de Stefan Zweig, adaptado por Borja Diérez. Acompañando o autor, estarán Humberto Barreiro, terapeuta cuántico e director do Festival Semente de Conciencia; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial […]
Convócase o VII Premio Vidal Bolaño 2024

“Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados e lidos por alumnado do […]
Habelas Hainas

Publicada na colección Costa Oeste, esta é unha novela, escrita por Esteban Folgar Brea, sobre meigas, pero non como as habituais. As bruxas desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan mal á xente… que non o merece. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos […]
Galaxia suma dous títulos á colección Biblioteca Neira Vilas

Historia de emigrantes e Galegos no Golfo de México, son os novos títulos que a Editorial Galaxia publica por primeira vez no seu catálogo Neira Vilas retrata, en Historia de emigrantes, desde A Habana, notables retratos e describe paisaxes dun Buenos Aires que sempre está presente nas súas historias, tanto como na súa vida, iluminando escenas de […]
Recollemos o Premio ao libro Mellor Editado 2022 por “Maxina ou a filla espuria”, en Madrid

A directora xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, María José Gálvez, fixo entrega a Xesús Domínguez, director de Produción de Editorial Galaxia e responsable da edición da obra de Marcial Valladares “Maxina ou a filla espuria” (considerada a primeira novela en galego), do terceiro premio ao Libro Mellor Editado 2022, na modalidades de […]
Presentación de “Galicia, 1981-2021. Autonomía, sociedade e cultura”, en Moaña

O venres 6 de outubro, celebrarase, ás 20 h, no salón de sesións da Casa do Concello de Moaña, a presentación de Galicia, 1981-2021. Autonomía, sociedade e cultura, de Manuel Pérez Rúa. Acompañando o autor, estarán Xosé Luís Barreiro, político e escritor; e Ramón Villares, catedrático de historia e escritor. Entre 1981-2021 prodúcense en Galicia, e no […]
Presentación de “O paso do Noroeste”, en Vigo

O xoves 5 de outubro, celebrarase, ás 18 h, no espazo Banda Deseñada, no Calvario de Vigo, unha sinatura arredor de O paso do Noroeste, de Xavier Queipo e Primitivo Marcos. Ás 19:30 h, celebrarase, na Casa del Libro, unha presentación arredor do mesmo título. Os autores, estarán acompañados por Marcos Calveiro, director de Edicións de […]
De que xeito nos explicamos o mundo?

Eva e Lucy é o novo libro de Cris Pavón, unha obra conformada polo relato das dúas mulleres protagonistas, nai e filla, que amosan e agochan as súas estratexias para vivir, para loitar por un lugar no mundo, para acougar a dor. Con que mestura de voces damos sentido ás existencias? Pavón comparte unha historia formada […]