Fina Casalderrey, nominada ao Premio Memorial Astrid Lindgren

Esta é a terceira vez que a escritora é nominada, despois da proposta de Gálix á OEPLI, neste prestixioso galardón, momento no que opta simultaneamente ao Hans Christian Andersen; os recoñecementos máis importantes da literatura infantil e xuvenil a nivel internacional.  O Premio Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA), outorgado anualmente polo goberno sueco coma homenaxe […]

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, espazos cómplices das letras, tesoureiras da lectura. Unha data que rende homenaxe ao valiosísimo labor que levan a cabo, cada día, achegando a cultura a todas e todos. Templos do saber que acubillan as palabras, o coñecemento e o pensamento da sociedade. Grazas ao seu compromiso, […]

Lecturas de outono para a cativada

Coa chegada do outono, comeza o refuxio lector. Sendo fundamental a lectura para a cativada, hoxe queremos recomendar catro fermosas obras para as máis pequenas e pequenos da casa, publicadas na colección Árbore de Editorial Galaxia: VOA, VOA, de Artur Trillo, ilustrado por Estebán Souto. Lectura recomendada a partir dos 8 anos. Publicada en formato teatral, […]

Xosé Manuel Soutullo é nomeado novo Director Xeral de Editorial Galaxia

O Consello de Administración da Editorial Galaxia vén de acordar hoxe o nomeamento de Xosé Manuel Soutullo coma Director Xeral da Editorial. Xosé Manuel Soutullo é actualmente Director da Fundación Penzol e Conselleiro da Editorial Galaxia, na que desenvolveu unha dilatada vida profesional no ámbito da edición e da produción cultural. Xosé Manuel Soutullo tivo […]

Entrega da XXXV Edición do Premio de Novela “Manuel García Barros”, na Estrada

O venres 20 de outubro, celebrarase, ás 20 h, no Teatro Principal da Estrada, a XXXV Edición do Premio de Novela “Manuel García Barros”, a Fernando Castro Paredes por Entomoloxía para misioneiros. Acompañando o autor, estarán José A. López Campos, alcalde do Concello da Estrada; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; e Marcos Calveiro, […]

Galaxia publica “Ou as dúas estaredes mortas”, de Xosé M. Eyré

Publicado na colección Literaria, Ou as dúas estaredes mortas, de Xosé M. Eyré conta noventa e sete vidas en formato de miniconto. Este libro conta dúas vidas fragmentariamente, páxina a páxina, que poden ser unha, non diría que non, e poden ser tres, se as lectoras e lectores se deciden a lelo, ou aínda máis, […]

Presentación de “Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira”, en Ferrol

O mércores 18 de outubro, celebrarase, ás 19:30 h, na Central librera de Ferrol, a presentación de Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira, de Ramón Villares. Acompañando o autor, estarán Malay Sobrin, profesora de Historia de Ensino Medio, e J. Martiño Montero Santalla, profesor de Universidade. A Editorial Galaxia publica, na colección Ensaio, a obra de Ramón Villares Galicia e […]