Samuel Merino debuta na colección Dombate de Editorial Galaxia

Categoría: Nova

O poeta de Mos, autor de “Claustro Corda Comensal” debuta na colección Dombate de Editorial Galaxia.

En “Claustro Corda Comensal”, Samuel Merino comparte unha crónica do suceso, abrindo unha porta pola que acceder a un recanto da memoria. A través da súa personalísima voz, as lectoras e lectores poderán ser testemuña do esquema dun desastre colectivo. Este poemario funciona como un comezo onde finaliza algo para que algo empece cando algo conclúe.

Samuel Merino (Mos, 1982) é un creador que desenvolve o seu labor nunha poética en que se aprecia a pegada da súa formación (licenciado en Filosofía pola USC) e mais a súa experiencia no eido das artes escénicas. A súa obra, de carácter reflexivo e autorreferencial, toma corpo na oralidade secundaria dos recitais e en breves presentacións que transitan do teatro á performance.

Nesta liña, van os seus últimos traballos: “Guantanamera. Poema nun só acto” (2021) e “Con esta hoz / Con esta fouce” (2023).

Comparte nas túas redes sociais ou por email