Galaxia e Oviravai presentan ‘O violino de Luísa’

Palabras e música sobre Luísa Villalta para nenos e nenas O espectáculo xira arredor da obra da poeta da cidade alta da Coruña, Luísa Villalta, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. Oviravai prepara para a festa da nosa lingua, a través da música e a palabra, O violino de Luísa. Cun elenco formado por […]

No pasamento de Alfonso Álvarez Cáccamo

O escritor e profesor vigués Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo, 23 de outubro de 1952 – 4 de marzo de 2024) faleceu na tarde de onte aos 71 anos de idade na cidade olívica.  Foi mestre e iniciou a súa obra literaria con textos destinados ao público infantil. Autor polifacético e sorprendente, procede dunha das familias […]

A novela gráfica de “Memorias dun neno labrego” conta xa cunha segunda edición

Recén saída do forno, a novela gráfica adaptada por Iria Aldegunde, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, xa conta cunha segunda edición. Esta nova aposta, que adapta a obra máis lida e traducida da literatura galega, conta cunha recepción fabulosa por parte do público lector. Iria Aldegunde pon en imaxes ese mundo que Balbino […]

Galaxia presenta a sede virtual Galaxia+, en Santiago de Compostela

Esta mañá, venres 1 de marzo, celebramos, no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, a presentación oficial da nova Sede Virtual de Editorial Galaxia. No acto, participaron Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia; Xosé M. Soutullo, director xeral; Alba Gil, responsable de Innovación; Antón Vidal Andión, presidente […]

Presentación da Sede Virtual de Editorial Galaxia, en Santiago

O venres 1 de marzo, celebrarase, ás 11 h, no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, a presentación oficial da nova Sede Virtual de Editorial Galaxia. Ao remate do acto, servirase un café a todas as persoas asistentes. A semana que vén, Galaxia fará pública a nova plataforma virtual […]

9 títulos de Editorial Galaxia son finalistas nos Premios Follas Novas

Os prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa primeira fase de selección escollendo 9 títulos da Editorial Galaxia, entre os seus finalistas. Na categoría de Ensaio e investigación, resultarou escollida a obra De Galicia a Mauthausen, de Alba Garrido, unha proposta que procura dar luz sobre as orixes, contextos, traxectorias vitais e experiencias […]

Xa está dispoñible o primeiro capítulo de “Lobos nas illas”

Podedes ler o primeiro capítulo da obra de Marilar Aleixandre, premendo aquí. Despois de gañar o Premio Nacional de Narrativa en 2022 con As malas mulleres, a escritora volve a sorprender con Lobos nas illas, unha lectura que pode lerse como unha novela ou como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, aldeas nun proceso […]

No día de Rosalía de Castro

Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro. A capitá das letras galegas.  Tal día coma hoxe, en 1837, nacía, en Santiago de Compostela, Rosalía de Castro, unha das figuras claves da nosa sociedade, é a escritora máis importante do Rexurdimento galego, así como a máis popular das autoras do país. A […]