Tal día como hoxe, hai 47 anos, finaba en Ourense Ramón Otero Pedrayo, unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega.
Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago.
Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Entre os moitos títulos públicados, da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.
Recemente publicamos, na colección Nós, Polos vieiros da saudade, unha guía pola súa viaxe a América en 1947; Entre a vendima e a castañeira, unha colección de vinte relatos; Os camiños da vida, a historia dun século e a nostalxia dunha Galicia desaparecida; ou Miñatos de vran, publicada na colección Teatro.