Presentación de “As vidas do río”, en Pontevedra

O xoves 21 de marzo, celebrarase, ás 19 h, no andar 0 da zona acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, a presentación de As vidas do río, de Xulio Teixeira. Acompañando o autor, estarán Antón Sobral (Ateneo de Pontevedra); María Díaz, xornalista de Cadena Ser; Tomás Alonso, xornalista de Tvg; Antón Vidal Andión, presidente […]

“O teu perfil na miña sombra”, diario dunha nai

Rexina Vega publica, na colección Literaria, O teu perfil na miña sombra. Un libro que non é exactamente unha narración, tampouco un poemario nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o “ser muller”: a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, […]

“Contas de buxo”, os silencios da familia

Publicada na colección Costa Oeste, esta obra supón o debut de Raquel Fernández Fernández en Editorial Galaxia. Dirixido a público xuvenil, Contas de buxo conta a historia de Lara, unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén […]

“Dakota”, a hospitalidade na neve

Dakota, Premio Victoriano Taibo 2023, de Masha Álvarez, publicado na colección Dombate, é unha audaz xeopolítica do desarraigamento onde se destaca a memoria da infancia, os lazos familiares e os espazos compartidos coas mulleres e homes que precederon a autora. A poesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta […]

Rolda de prensa arredor de “Somos hip-Hop”, en Santiago de Compostela

O xoves 14 de marzo, celebrarase, ás 11 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa de presentación arredor de Somos hip-Hop, de Pablo Castiñeira Olveira e David Brey Vázquez. Acompañando os autores, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial […]

O debut do comisario Serafín Freixeiro

Xulio Teixeira debuta en Editorial Galaxia con As vidas do río, unha novela de suspense que fai que o lector sinta a forza de atracción dunha cidade actual, viva e máxica, onde as emocións animarán o seu camiño para coñecela. Pontevedra, escenario do crime. Semana Santa, un tempo de tensión política, relixiosa e social. Un misterio […]

Tecer pontes de loita

Necesitamos xanelas e referentes nas que mirarnos. Necesitamos mulleres que escriban dende a súa propia perspectiva como miran e senten o mundo. Necesitamos seguir loitando en favor dun mundo mellor, máis igualitario e solidario. Perseguir camiños de utopía porque, aínda que o sol sempre está ao outro lado, para iso sirve camiñar, para avanzar. Nun […]

Xa está aquí “Ubasute”, de Paula Carballeira

Xa está aquí a nova peza teatral de Paula Carballeira! Tras ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Dramática, pola obra As alumnas, a dramaturga volve a sorprender con Ubasute. Esta proposta naceu ao abeiro do programa “Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes”, froito da colaboración institucional entre o Consello da Cultura Galega, o Camões – Centro […]