Claves da literatura galega

Galaxia publica na colección Ensaio A literatura galega contada aos escépticos, de Manuel Veiga. Esta lectura reflexiona sobre as razóns que levan a algúns afeccionados á lectura a non ler libros en galego nunca. E non só por falta da competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior oferta en castelán ou a presenza en lugar […]
Presentación de “O corazón das casas”, en Vigo

O mércores 3 de abril, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cartabón, en Vigo, a presentación de O corazón das casas, de An Alfaya, ilustrado por Mario G. Alfaya. Acompañando a autora e o ilustrador, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Para os máis pequenos da casa publicamos, na colección Árbore, O corazón […]
Presentación de “Pasado arrincado”, na Guarda

O martes 2 de abril, celebrarase, ás 20 h, no Salón de Plenos do Concello da Guarda, dentro das II Xornadas de Memoria Histórica, a presentación de Pasado arrincado. Lugares de memoria democrática en Galicia, coordinado por Emilio Grandío Seoane. Acompañando o coordinador, estará Fernando Serrulla Rech, antropólogo forense do IMELGA. Un espazo. Un recordo. Os lugares de […]
Lecturas para o lecer

Chuvía, vento e tempo libre, caldo de cultivo para desfrutar dun café e as nosas lecturas favoritas. Durante esta ponte, que mellor plan que poñernos ao día con eses libros pendentes? Dende Galaxia, destacamos algunhas ideas: 70º NORTE, de Xaime Toxo. Unha reminiscencia pandémica, na que unha praga contaxiosa leva á civilización postindustrial aos límites […]
O amieiro que quixo coñecer mundo

Anjel Lertxundi publica, na colección Costa Oeste, O outeiro do amieiro. O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas. E non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou […]
“Ícaras”, unha lectura fermosa que abraza a vulnerabilidade

Ícaras, de Carlos Labraña, ilustrado por Mara Méndez, foi a obra gañadora do Premio O Facho de Teatro Infantil 2022. Esta lectura recomendada a partir dos 10 anos, conta a historia de Lía. Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana, unha […]
Pinto & Chinto clasifícanse para os Xogos Olímpicos de París

A parella humorística clasifícase para os xogos olímpicos de París deste verán, nun momento no que o seu libro Os xogos olímpicos de Ningures, acada a 6ª edición. Un recoñecemento esencial para saborear o éxito olímpico! Como reza o libro: “outros Xogos Olímpicos pasarán á Historia por ser os mellor organizados. Outros Xogos Olímpicos pasarán á […]
Celebrar a poesía

Hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía, unha data que apoia a diversidade lingüística e busca promover a ensinanza deste xénero. A poesía é un medio, a través do cal a sociedade, durante toda a historia, foi capaz de expresar pensamentos, sentimentos e emocións, empregando unha linguaxe ateigada de beleza. A través da poética, as […]